A UVigo forma a 1.000 rapaces para ser “consumidores responsables” de alimentos

Este curso académico desenvólvese desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense un proxecto con financiamento estatal destinado a formar como consumidores responsables a rapaces e rapazas de Educación Primaria e Secundaria. A iniciativa acaba de rematar o seu percorrido por oito centros educativos da provincia, percorrido nos que levou a cabo talleres prácticos que permitiron a arredor de 850 nenas e nenos aprender a comprender a información nutricional das etiquetaxe dos alimentos procesados que consumen habitualmente. A iniciativa “Aprendendo a ler o que como”. Formando consumidores responsables desde a aula conta con financiamento da convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e de innovación da Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT e está desenvolvida por un grupo de sete docentes do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do campus de Ourense pertencentes ao grupo de investigación Food and Health Omics e ao Grupo de Innovación Docente en Educación Alimentaria Aliméntate con Ciencia e Conciencia. O obxectivo do proxecto, coordinado pola profesora Beatriz Cancho, é que o alumnado adquira habilidades que lles permitan elixir mellor os alimentos que consomen e ter unha alimentación máis saudable que repercuta positivamente na súa saúde presente e futura, coa idea ademais de que este alumnado actuará como vector de transmisión da información recibida á súa contorna familiar e social.

Ir a la fuente
Author: REDACCIÓN