Máis dun millar de escolares na defensa do galego: “Falalo fainos mellores”

Máis dun millar de escolares de Infantil, Primaria e Secundaria de dezasete centros educativos da cidade e da provincia de Ourense xuntaron onte as súas voces para berrar ben alto que non queren que a súa lingua, o galego, esmoreza. Fixérono no marco duna nova edición do Correlingua, unha iniciativa que naceu hai 24 anos para concienciar na defensa do idioma a alumnado e profesorado dos centros educativos galegos.

Ir a la fuente
Author: Sandra De la Fuente