O acento ourensán que opta aos premios Youtubeiras

Un total de 18 finalistas aspiran a gañar un premio no certame Youtubeiras do presente ano. Entre esa nómina de candidatos, hai tres que teñen acento ourensán. Están OU ké!, na categoría de canle e rede; Prado Rúa, na de calidade lingüística e vídeo; e Noticias Dispersas, na do premio elixido polo público. Os premios, organizados polos servizos de Normalización Lingüística de nove municipios, das tres universidades galegas e da Deputación de A Coruña, teñen por obxectivo “fomentar a creación en galego en Youtube, así como promover perfís na rede”.

Ir a la fuente
Author: A. G. Tesouro